mércores, 8 de abril de 2015

BARCAS, OS CARROS DA RIBEIRA DO MIÑO


Ata primeiros da década de 1960 as barcas eran de vital importancia para os habitantes das aldeas das ribeiras do Miño e do Sil. Servían para cruzar o río onde non había pontes e trasladar persoas e gando, tamén paara ir pescar. O Ecomuseo de Arxeriz, no Saviñao, garda todo ese patrimonio fluvial lucense.

Ver noticia completa en El Progreso

sábado, 28 de febreiro de 2015

"CANDO VEÑAN OS TÉCNICOS DA UNESCO VAI HABER UN RIDÍCULO ESPANTOSO"

O arqueólogo Xurxo Ayán Vila, natural da Pobra do Brollón, deu no Centro do Viño de Monforte unha conferencia sobre o legado histórico e arqueolóxico da Ribeira Sacra e as posibilidades que ten este territorio de ser declarado patrimonio da humanidade.

Ver noticia completa en La Voz de Galicia

venres, 20 de febreiro de 2015

VISITAS A ADEGAS E AOS MUSEOS ETNOGRÁFICOS PARA UNHA VISIÓN GLOBAL DA ENOLOXÍA

En cada un dos cursos de iniciación á cata, os técnicos do consello regulador de Ribeira Sacra fixeron que os alumnos visitasen adegas de distintas tipoloxías: grandes e pequenas, modernas e artesanais. E ademais de que podesen percorrer as viñas e as paisaxes da zona, entrar nos centros de interpretación e etnográficos para ter unha visión completa do mundo do viño, ademais de saber catalo.
Ver noticia completa en La Voz de Galicia

domingo, 8 de febreiro de 2015

Paseo en torno ao castro de Arxeriz

O Ecomuseo de Arxeriz, no municipio do Saviñao, acaba de acondicionar unha ruta circular de paseo -de 2,9 quilómetros de lonxitude- a fin de facilitar as visitas ao castro que se acha nos seus terreos e dar a coñecer os principais atractivos paisaxísticos da súa contorna.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es