sábado, 3 de outubro de 2015
XORNADAS DE DIVULGACIÓN SOBRE AS MÁMOAS LOCAIS
O proxecto Á Luz das Mámoas botou a andar cunha xornada de conferencias no pazo de Arxeriz sobre cultura megalítica desde diferentes perspectivas profesionais e de investigación.
Noticia completa en
La Voz de Galicia
domingo, 13 de setembro de 2015
XOSÉ SOTO INICIA A MUSEALIZACIÓN DO CASTRO DE ARXERIZ E OS SEUS RESTOS
Os arqueólogos restauran as pezas que se exhibirán no centro etnográfico do pazo.
A Fundación Xosé Soto de Fión comezou cos labores de musealización do castro de Arxeriz, próximo ao seu centro etnográfico dedicado á cultura ribeirega do Miño.
Noticia completa en
El Progreso
A Fundación Xosé Soto de Fión comezou cos labores de musealización do castro de Arxeriz, próximo ao seu centro etnográfico dedicado á cultura ribeirega do Miño.
Noticia completa en
El Progreso
ARXERIZ, UN ARQUIVO DA CULTURA TRADICIONAL DA RIBEIRA SACRA
"O percorrido polo museo empeza nunha sala adicada á cultura fluvial. Nesta sección exhíbense varias embarcacións tradicionais de distintas zonas do Miño."
"A seguinte sala céntrase nas artes de pesca. Unha serie de paneis explican o uso das construccións chamadas caneiros e pesqueiras."
"A visita continúa no edificio principal do pazo onde está recreada unha cociña tradicional provista da típica lareira."
"A continuación áchase unha sala dedicada á viticultura tradicional que encerra unha importante colección de apeiros e artefactos utilizados en diversas labores."
"A seguinte sala céntrase nas artes de pesca. Unha serie de paneis explican o uso das construccións chamadas caneiros e pesqueiras."
"A visita continúa no edificio principal do pazo onde está recreada unha cociña tradicional provista da típica lareira."
"A continuación áchase unha sala dedicada á viticultura tradicional que encerra unha importante colección de apeiros e artefactos utilizados en diversas labores."
Noticia completa en La voz de Galicia
mércores, 2 de setembro de 2015
FUSAIOLAS
O fiado
e o tecido son actividades tradicionais moi antigas que xa aparecen rexistrados
en textos clásicos como os de Estrabón ou Plinio e que a arqueoloxía corrobora
cos seus achádegos ( fusaiolas, pesas de tear, agullas…).Neste caso o castro de
Arxeriz agasallounos con varias fusaiolas de diferentes tipoloxías como
testemuñas de un dos procesos de elaboración de tecido, en concreto:o fiado.
Fusaiolas atopadas no sondeo central da croa. |
Aparecen
de forma frecuente nos xacementos castrexos aínda que tamén se rexistran en
xacementos de outras épocas.
Fusaiola decorada atopada no sondeo W. |
Son de
forma circular,de tamaño más ben pequeno e presentan unha perforación central
que servía para colocar o fuso; poden estar feitas de pedra, arxila ou restos de cerámica e este feito vai
marcar a dimensión da perforación para conseguir o peso adecuado (se o peso é
demasiado pequeno colocaríase outra fusaiola no fuso).
Fusaiola reutilizada de restos cerámicos |
A súa
función é a de facer de contrapeso
para facilitar a torsión e evitar que escape o fío,servíndolle de tope; para
esto é moi importante o peso da fusaiola xa que éste vai determinar que o fuso
funcione correctamente ou non; se temos un peso maior do axeitado o fío romperá
e pola contra se o peso é menor os fíos non quedarían ben tensados nin torcidos
e de ahí o refrán que di:” O fío racha por floxo e mal fiado e non por fino”.
Fusaiola colocada no fuso |
Muller fiando |
mércores, 26 de agosto de 2015
OS NOVOS TESOUROS DE ARXERIZ PODERÁNSE VISITAR MOI PRONTO
"Nesta nova intervención puxéronse ao descuberto os restos de dúas construcións que en opinión dos invetigadores poden ser depósitos de cereais. Na campaña do ao anterior xa se atopou outra estrutura similar. Estas tres edificacións conforman o conxunto de arquitectura agraria máis antigo que se identificou no noroeste ibérico."
Noticia completa en La Voz de Galicia
Noticia completa en La Voz de Galicia
sábado, 15 de agosto de 2015
TURISTAS GALEGOS DESCOBREN A CULTURA FLUVIAL E A VIDA TRADICIONAL DA RIBEIRA SACRA NO ECOMUSEO DE ARXERIZ
"Un dos elementos importantes da construción tradicional das barcas é que non é un proceso industrial, é un proceso artesanal (...) Cada carpinteiro ten os seus moldes e os adapta ás peculiaridades da zona"
ARXERIZ, UN POBOADO CASTREXO DE RIBEIRA ÁS PORTAS DA INVASIÓN ROMANA
"A Fundación Xosé Soto de Fión está a piques de pechar a terceira campaña arqueolóxica que saca á luz o pequeno tesouro que representa o castro de Arxeriz"
AGASALLO MUSICAL NO ENCLAVE DE ARXERIZ A CARGO DE FRANCISCO ROMUALDO
"O equipo de Televinte visitou o Ecomuseo de Arxeriz pra dar conta do incremento das visitas turísticas este verán e do avance da terceira campaña arqueolóxica que está a descubrir un castro de características únicas"
OS SILOS DE CEREAL DE ARXERIZ, UN PATRIMONIO EXCEPCIONAL
Os achádegos no castro do Saviñao sorprenden aos especialistas.
O achádego de tres construcións que poderían ser celeiros de cereal no castro de Arxeriz é un descubrimento arqueolóxico dun carácter practicamente único en Galicia.
Noticia completa en La Voz de Galicia
O achádego de tres construcións que poderían ser celeiros de cereal no castro de Arxeriz é un descubrimento arqueolóxico dun carácter practicamente único en Galicia.
Noticia completa en La Voz de Galicia
xoves, 13 de agosto de 2015
ARXERIZ, A ARQUITECTURA AGRÍCOLA MÁIS ANTIGA DA RIBEIRA SACRA
As escavacións arqueolóxicas que leva actualmente a cabo a Fundación Xosé Soto de Fión no castro de Arxeriz, no Saviñao, puxeron ao descuberto novas estructuras construtivas que outorgan un carácter moi singular a este xacemento. Na campaña de escavacións do ano pasado desenterrouse na croa ou recinto central do asentamento unha construción que en opinión dos investigadores pode ser un depósito de cereais. Agora acábanse de descubrir outras dúas estruturas que presentan un aspecto moi similar e que se supón que cumpriron a mesma función. De confirmarse esta hipótese, trataríase do conxunto de arquitectura agrícola máis antigo achado ata agora no territorio da Ribeira Sacra.
Noticia completa La Voz de Galicia
Noticia completa La Voz de Galicia
ATOPADOS VASILLAS E IMPERDIBLES NAS ESCAVACIÓNS DO CASTRO DE ARXERIZ
O equipo de arqueólogos e outras persoas que colaboran nas escavacións sobre os restos do castro de Arxeriz, no Saviñao, concluiron estas labores con grandes resultados.
Despois de varias semanas de traballo foron recuperadas varias pezas de gran valor, coma unha fíbula de bronce tipo tramontano profusamente decorada e dúas máis sinxelas.
Despois de varias semanas de traballo foron recuperadas varias pezas de gran valor, coma unha fíbula de bronce tipo tramontano profusamente decorada e dúas máis sinxelas.
mércores, 12 de agosto de 2015
CAMPAÑA 2015
Inicio da escavación na terraza W. |
Na
campaña participan un total de 8 peóns-auxiliares de escavación que son da
bisbarra da Ribeira Sacra e 3 arqueólogos da empresa. Este ano espérase chegar
aos 300 m2 de zona escavada que se sumarán aos 200 m2 existentes, para acabar
xerando unha considerable zona rescatada, consolidada e posta en valor.
Terra W. |
O ouxetivo é mellorar o coñecemento sobre os xacementos da
idade do ferro en xeral e, en particular, do de Arxeriz coa intención de
divulgar as características, datos e coñecementos adquiridos na experiencia;
consolidar as estructuras que permitan unha “musealización de sitio” e poñer en
valor os achádegos que se vaian atopando coa finalidade de ter unha área
temática para que o visitante poida apreciar as peculiaridades do poboamento
castrexo.
Sondeo terraza w. |
A
intención da Fundación a través do Ecomuseo de Arxeriz é de dispor dunha sala
explicativa sobre os distintos aspectos da cultura castrexa no interior do
noroeste peninsular, complementada cunha “sala” ao ar libre que será o propio
castro adaptado para as visitas, explicacións e o disfrute da paisaxe.
Desde
o inicio estase actuando fundamentalmente na terraza W. e na ladeira da croa da
mesma orientación , onde ao final da campaña contamos que van quedar ao descuberto suficientes
estructuras para empezar a aclarar o entramado urbano do poboamento.
Zona de ampliación do sondeo leste da croa |
Así o
sondeo da terraza W. supón unha ampliación do feito na campaña de 2014 , tanto
polo N., como polo S. e E. ; este sondeo supón unha ampliación de 220 m2 sobre
o efectuado o ano pasado co ánimo de liberar os muros de estructuras que
quedaron parcialmente ao descuberto e descubrir outras novas. No lado leste da
croa o sondeo supón incrementar en 80 m2 aprox. o realizado na campaña anterior
e liberar a estructura do probable graneiro.
mércores, 5 de agosto de 2015
FÍBULA DO CASTRO DE ARXERIZ, campaña 2014
Fíbulas hai moitas, pero como a de Arxeriz… ningunha.
Entre os muros de dúas construccións recuperouse a fíbula. |
Poderiamos teclear centos de palabras
á hora de tratar o tema das fíbulas, xa que hai moitas e moi variadas; pero o
obxecto desta entrada é tratar só a de Arxeriz xa que aínda que pode parecer
unha máis o certo é que para nós non o é.
A fíbula tal como saíu da escavación |
As fíbulas en xeral, e desde un punto
de vista funcional, podemos definilas coma un obxecto metálico que ten como
finalidade a de suxeitar as prendas de vestir. O seu tamaño dependerá da prenda
á que se destina, e podemos engadir que quizáis reflicta os gustos do
propietario.
A peza logo da restauración |
Hoxe en día non serve só para ter de exposición senón que se
pode extraer dela información moi útil que nos axude a comprender mellor o noso
pasado.
En primeiro termo o cono de remate do apéndice. |
En particular a fíbula de Arxeriz é de pequeno tamaño e poderiamos encadrala
dentro do tipo tramontano; conserva case tódolos seus elementos:
-
A ponte: presenta unha cresta e dous nervos laterais con motivo
sogueado.
-
O apéndice:conta cun tallo de cinco molduras, a central con pequenas
incisións na arista. Remata nun apéndice cónico invertido con decoración
interior, un botón rodeado de pequenos pétalos e dous círculos concéntricos.
-
Resortes: o seu remate é un tamborciño con molduras e incisións no
centro.
Como xa comentamos fíbulas hai
moitas, pero ésta parécenos especial xa que é un dos agasallos que chegou a nós
e con él (e outros moitos)
trataremos de abrir unha fiestra ao pasado que nos permita ver dende o Ecomuseo
de Arxeriz cómo era a cultura e as
formas de vida dos nosos ancestros. Só coñecendo o noso pasado nos coñeceremos
a nós mesmos.
sábado, 1 de agosto de 2015
CAMPAÑA 2014
A
pesar dos escasos resultados obtidos na primeira campaña, desde o punto de
vista da súa utilización como recurso visitable, decidiuse probar cunha segunda
campaña con novos sondeos e así comenzou a campaña 2014 coa decisión de ampliar o sondeo nº 4 de 2013 e
plantexar outros novos: un deles na parte leste da croa e outro na terraza W.
Sondeo leste |
A
campaña do 2014 foi moi distinta en moitos aspectos: o primeiro foi atopar estructuras pétreas tanto no
leste como na terraza oeste e en segundo lugar ademáis de ampliar o catálogo de
achádegos obtivemos os primeiros restos metálicos, como algún cravo de ferro,
un anel de bronce e dúas fíbulas do mesmo material. Os resultados obtidos foron
os seguintes:
Sondeo terraza W. |
-
A ampliación do sondeo nº 4 de
2013 acabou por completar as dúas vivendas (10m x 5m.) que na campaña anterior
xa comezaban a amosar.
Panorámica do sondeos central da croa. |
-
No sondeo do leste quedou ao
descuberto nun 80% unha construcción que moi probablemente tivo como destiño o
de servir como graneiro xa que carece de fogar,e presentaba poucos restos
cerámicos no seu interior, ademáis conta coa presencia de nove piares simetricamente colocados para
soportar vigas ou paos sobre os que levantar un celeiro para gardar o gran. No
exterior da construcción quedaron ao decuberto dúas pedras fincadas no terreo e cunha altura de 50
cm pero cunha finalidade ainda non
clarificada.
Sondeo leste da croa, posible graneiro. |
-
O sondeo da terraza W. sacou á luz
unha importante estructura pétrea pertenecente a unha vivenda de grandes
dimensións, outra moi próxima e un terceiro muro cortado que parece dunha etapa anterior.
Panorámica dos dous sondeos da croa. |
En ningún caso apareceron
restos que indiquen de forma clara a presencia romana no castro : tégulas,
terra sigilata, moedas. . .do mesmo xeito que nada evidencia destrucción, combate
ou incendio.
Ao
finalizar a campaña estas estructuras parcialmente descubertas quedaron consolidadas coa esperanza de ampliar a
zona nunha futura campaña.
Estructuras da terreza W. ao remate da campaña 2014 |
venres, 31 de xullo de 2015
CAMPAÑA 2013
Os traballos no castro de
Arxeriz comezaron no ano 2013 e tiveron unha duración aproximada de un mes;
podemos dicir que esta campaña tivo carácter
experimental en canto a
sondear as posibilidades que podía ofrecer o castro de cara á obtención
de información
arqueolóxica e de cara a unha futura posta en valor como elemento cardinal dentro do proxecto
do Ecomuseo.
O primeiro a ter en conta
despois de facer un estudio da zona foi establecer o lugar nos que se
realizarían os sondeos polo que se decidiu abrir catro sondeos en diferentes
puntos que permitiron non só a recuperación de restos senón tamén de estruturas
e información importante.
Así pois realizouse un
sondeo a 50 metros ao S. da croa, un segundo na terraza N. e dous na zona da
croa, os resultados de xeito breve foron os seguintes:
- No primeiro situado ao Sur
obtivemos restos cerámicos de época castrexa e aínda que non apareceron restos
de estructuras sí se documenta un nivel de
ocupación.
- No sondeo da terraza N. hai
unha importante presencia cerámica e outras
pezas de interés como algún bruñidor, ademáis no
seu extremo E a presencia dun
derrube de material fai presaxiar
a cercanía dalgunha estructura.
- Na croa obtivemos:
* sondeo nº 3, no mesmo borde
sur, tampouco proporcionou estructuras petréas, pero si os restos dunha posible
cabana ou construcción
feita con barro, materia vexetal e cascallo de rocha probablemente
pertenecente á primeira etapa de poboamento que se pode situar no Ferro I ( entorno
ao s. V antes da nosa era), tamén foron abundantes os restos de cerámica.
* Só o sondeo nº4 amosou a
presencia de muros de vivendas con fogares e con
abundante cerámica e outros
achádegos de interese como muíños, algo que sorprendeu debido á escasa potencia
arqueolóxica deste sondeo (40 cm. de media). Quedaron así, parcialmente ao
descuberto, dúas vivendas de planta
rectangular e esquinais
curvos con fogares en ámbolos dous casos.
A pesar de todo, cando
rematou a campaña, as dúbidas sobre a viabilidade do
proxecto de escavación e posta en valor do castro seguían vixentes.
mércores, 29 de xullo de 2015
O CASTRO DE ARXERIZ CONTINÚA REVELANDO OS SEUS SEGREDOS
"No xacemento do Saviñao aparecen máis elementos de interese arqueolóxico"
Dende fai vinte días está a levarse a cabo a terceira campaña de escavacións arqueolóxicas no castro de Arxeriz, no concello do Saviñao, dentro dun proxecto promovido e financiado pola Fundación Xosé Soto de Fión.
Noticia completa en La Voz de Galicia
ACHAN EN ARXERIZ PEZAS DE BRONCE DE ÉPOCA CASTREXA
Empezan a saír á luz restos de cinco casas e de cerámica negra sen decorar.
A terceira campaña de escavacións arqueolóxicas iniciadas hai 20 días no castro de Arxeriz, no Saviñao, sacou á luz numerosas pezas realizadas en bronce.
Noticia completa en El Progreso
domingo, 26 de xullo de 2015
O CASTRO DE ARXERIZ
A croa do castro de Arxeriz érguese a 604m de altitude sobre un espolón de xisto con pequenas intrusións de graníticas; ten unha extensión de 6000m2, 107m de N a S e 70 de E a W, que forman parte da área limitada polos antecastros e foxos. A zona considerada de ocupación castrexa ten, aproximadamente, 4Ha.
Situado a 40º33´39´´latitude norte e 7º40´07´´lonxitude oeste, domina o meandro do río Miño que lle da forma ao Cabo do Mundo e forma parte dun grupo de castros que amparan e controlan o cauce nesta zona: Cabreiros, Mourelos, Nogueira, Arxeriz, Vilar de Ortelle, Amboade, Marce,...
A realidade xeolóxica sobre a que se asenta a croa dálle unha característica singular sobre os castros da zona e propicia uns fortes condicionantes sobre o desenvolvemento do poboado e a posterior conservación dos seus restos. O afloramento de xisto impide o poboamento nalgunha zona e, noutras, obriga a edificar sobre a ladeira propiciando a particularidade urbana que comeza a amosar: o aterrazamento do asentamento. A pendente, por outra banda, xoga como elemento negativo por facilitar a erosión e o arrasamento de estructuras.
O castro vai permanecer abandonado, como outros moitos, durante séculos; coa circunstancia de que a súa disposición litolóxica non propiciou o cultivo, o que o salvou das agresións propias da agricultura. Xa entrado o século XX, non puido librarse do desenrolismo que provocou o arrase da pedra e estructuras que perviviron ao longo do tempo e que, definitivamente, serviron de recheo para a estrada de Fión a Diomondi a mediados do século pasado. A finais de século sufriu a navallada da insensibilidade patrimonial que motivou a desaparición de 40 m de frente no talude N e uns 300 m2, para "librar" unha casa colindante.
Este poboamento recibiu a primeira atención coa visita e presenza de A. Fraguas e F. Cuevillas a finais dos anos 20 do pasado século que, convidados por Juan López Suárez, estiveron pola zona, o que producíu o primeiro estudo sobre os castros do lugar, na súa publicación "Os castros na terra de O Saviñao"; mesmo recolleron algunhas pezas pétreas que se gardaron ata hoxe en Arxeriz.
En 1996 constitúese a Fundación Xosé Soto de Fión que pon en marcha un proxecto cultural, patrimonial e paisaxístico, concretizado no Ecomuseo de Arxeriz. A presenza do castro dentro das instalacións do Ecomuseo provoca que, desde o inicio da andaina museística, se pensase en facer escavacións para así, rescatar unha parte do pasado, consolidalo e poñelo en valor como un elemento fundamental no proxecto de transformar Arxeriz nun referente de sensibilidade, rescate, restauro, potenciación, estudo e divulgación do patrimonio en tódalas súas vertentes: valorizando o pasado, gañando en autoestima e propiciando a utilización destes recursos coma unha fortaleza do territorio.
xoves, 23 de xullo de 2015
DESENTERRAN OS RESTOS DE CINCO EDIFICIOS NO CASTRO DE ARXERIZ
A Fundación Xosé Soto de Fión iniciou o pasado día 7 a terceira campaña de escavacións arqueolóxicas no castro de Arxeriz, no municipio do Saviñao, o único proxecto privado deste tipo que se desenvolve no sur lucense. Nas dúas semanas transcorridas desde entón púidose pór ao descuberto novos restos de construcións e numerosas pezas arqueolóxicas que engrosarán as coleccións do Ecomuseo de Arxeriz, xestionado por esta mesma entidade e situado nas inmediacións do castro.
xoves, 11 de xuño de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)