"Nesta nova intervención puxéronse ao descuberto os restos de dúas construcións que en opinión dos invetigadores poden ser depósitos de cereais. Na campaña do ao anterior xa se atopou outra estrutura similar. Estas tres edificacións conforman o conxunto de arquitectura agraria máis antigo que se identificou no noroeste ibérico."
Noticia completa en La Voz de Galicia
mércores, 26 de agosto de 2015
sábado, 15 de agosto de 2015
TURISTAS GALEGOS DESCOBREN A CULTURA FLUVIAL E A VIDA TRADICIONAL DA RIBEIRA SACRA NO ECOMUSEO DE ARXERIZ
"Un dos elementos importantes da construción tradicional das barcas é que non é un proceso industrial, é un proceso artesanal (...) Cada carpinteiro ten os seus moldes e os adapta ás peculiaridades da zona"
ARXERIZ, UN POBOADO CASTREXO DE RIBEIRA ÁS PORTAS DA INVASIÓN ROMANA
"A Fundación Xosé Soto de Fión está a piques de pechar a terceira campaña arqueolóxica que saca á luz o pequeno tesouro que representa o castro de Arxeriz"
AGASALLO MUSICAL NO ENCLAVE DE ARXERIZ A CARGO DE FRANCISCO ROMUALDO
"O equipo de Televinte visitou o Ecomuseo de Arxeriz pra dar conta do incremento das visitas turísticas este verán e do avance da terceira campaña arqueolóxica que está a descubrir un castro de características únicas"
OS SILOS DE CEREAL DE ARXERIZ, UN PATRIMONIO EXCEPCIONAL
Os achádegos no castro do Saviñao sorprenden aos especialistas.O achádego de tres construcións que poderían ser celeiros de cereal no castro de Arxeriz é un descubrimento arqueolóxico dun carácter practicamente único en Galicia.
Noticia completa en La Voz de Galicia
xoves, 13 de agosto de 2015
ARXERIZ, A ARQUITECTURA AGRÍCOLA MÁIS ANTIGA DA RIBEIRA SACRA
As escavacións arqueolóxicas que leva actualmente a cabo a Fundación Xosé Soto de Fión no castro de Arxeriz, no Saviñao, puxeron ao descuberto novas estructuras construtivas que outorgan un carácter moi singular a este xacemento. Na campaña de escavacións do ano pasado desenterrouse na croa ou recinto central do asentamento unha construción que en opinión dos investigadores pode ser un depósito de cereais. Agora acábanse de descubrir outras dúas estruturas que presentan un aspecto moi similar e que se supón que cumpriron a mesma función. De confirmarse esta hipótese, trataríase do conxunto de arquitectura agrícola máis antigo achado ata agora no territorio da Ribeira Sacra.Noticia completa La Voz de Galicia
ATOPADOS VASILLAS E IMPERDIBLES NAS ESCAVACIÓNS DO CASTRO DE ARXERIZ
O equipo de arqueólogos e outras persoas que colaboran nas escavacións sobre os restos do castro de Arxeriz, no Saviñao, concluiron estas labores con grandes resultados.
Despois de varias semanas de traballo foron recuperadas varias pezas de gran valor, coma unha fíbula de bronce tipo tramontano profusamente decorada e dúas máis sinxelas.
Despois de varias semanas de traballo foron recuperadas varias pezas de gran valor, coma unha fíbula de bronce tipo tramontano profusamente decorada e dúas máis sinxelas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

