sábado, 8 de xullo de 2006

A Fundación Xosé Soto ampliará o Ecomuseo de Arxeriz tras o verán

La Voz de Galicia - 08 de xullo del 2006
Alberto López
O director xeral de Turismo anunciou que a Xunta contribuirá a financiar o proxecto O único museo deste tipo en Galicia disporá dunha nova sala dedicada ao mundo do cereal.

O director xeral de Turismo, Rubén Lois, visitou o venres pola tarde o Ecomuseo de Arxeriz, ao que brindou o apoio económico necesario para a sacar adiante o proxecto de ampliación previsto para o próximo ano. Rubén Lois, que previamente presidira en Chantada unha reunión do consorcio turístico da Ribeira Sacra, desprazouse ao municipio do Saviñao invitado polos representantes da fundación.


Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario