sábado, 14 de decembro de 2002

A Fundación Xosé Soto pide a metade do legado de Xan de Forcados

La Voz de Galicia - 14 de decembro do 2002
A Fundación Xosé Soto propuxo ao Concello de Monforte unha proposta para que restitúa á casa de Arxeriz a metade do legado de Xan de Forcados. Segundo esta oferta, o resto do patrimonio entregado polo filántropo do Saviñao seguiría en Monforte coa condición de que sexa exposto ao público. a fundación do Saviñao é, desde 1998, a propietaria legal do legado que se garda na súa maior parte na Cárcere Vella monfortina. Despois de 22 anos, o Concello non foi capaz de abrir o museo que xustificou a entrega do material.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario