mércores, 2 de outubro de 2013

A rehabilitación do castro de Arxeriz, a piques de empezar

La Voz de Galicia - 02 de outubro de 2013
A choiva atrasou o inicio dos traballos, que en principio estaba previsto comezar o pasado luns.
O tempo chuvioso está entorpecendo o inicio dos traballos de rehabilitación do castro de Arxeriz, no Saviñao, a primeira intervención deste tipo que se leva a cabo en moito tempo no sur da provincia. En principio estaba previsto empezar o pasado luns, pero os técnicos da empresa Terra Arqueos -encargada deste labor- decidiron pospor a operación ante os chuvascos que caeron na zona durante esa xornada. A actual inestabilidade meteorolóxica non permite precisar cando poderán empezar as obras.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario