venres, 1 de xullo de 2005

Botadura en Belesar pobo

La Voz de Galicia - 01 de xullo del 2005
O ecomuseo de Arxeriz botará unha tradicional barca de dornas na contorna de Belesar

O ecomuseo de Arxeriz botará hoxe unha barca de dornas ao río na contorna do pobo de Belesar. Trátase dunha embarcación fluvial típica do curso do río Miño desde a súa desembocadura ata a Ribeira Sacra que, segundo os investigadores, ten grandes reminiscencias coas embarcacións prehistóricas. Este tipo de barcas desapareceu completamente coa construción dos encoros nos anos cincuenta e co decaemento das actividades que se desenvolvían ao redor do río.


Ningún comentario:

Publicar un comentario