xoves, 11 de outubro de 2001

Entre Nova York e O Saviñao

La Voz de Galicia - 11 de outubro del 2001
O doutor Juan López Suárez puxo o seu diñeiro e a súa experiencia ao servizo da recuperación da agricultura e o patrimonio de Galicia Estivo bolseiro en Estrasbrugo e no Instituto Rockefeller de Nova York. Viaxou por toda Europa e a Unesco invitouno a ler un relatorio sobre educación nun congreso internacional. Pero preferiu pasar unha parte importante da súa vida no Saviñao, loitando contra o atraso endémico do campo. Juan López Súarez foi máis que un médico eminente ao que se lle dedica unha rúa en Monforte. Tío avó de José Rodríguez López dono de Larsa e impulsor da Fundación Xosé Soto de Fión- Xan de Forcados compaxinou a súa austeridade persoal cun mecenado sen fronteiras. Nin sequera a da Galicia que tanto amou.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario