sábado, 16 de agosto de 2014

O Ecomuseo de Arxeriz dedica dúas salas á cultura fluvial da Ribeira Sacra

La Voz de Galicia - 16 de agosto de 2014
O Ecomuseo de Arxeriz, no Saviñao, inaugurará mañá un novo espazo expositivo, cunha superficie de catrocentos metros cadrados, que estará dedicado integramente á cultura fluvial na Ribeira Sacra. As dúas amplas salas coas que se amplía o museo etnográfico da Fundación Xosé Soto de Fión recollerán elementos relacionados coas barcas tradicionais, o oficio de barqueiro e a pesca tradicional.
Segundo detalla a fundación responsable do Ecomuseo de Arxeriz, tamén se poderá visitar a partir dese día un espazo reservado «á memoria dos trinta lugares mergulladas polas augas dos encoros dos Peares e Belesar».

Ningún comentario:

Publicar un comentario