martes, 21 de decembro de 2004

O museo de Arxeriz ofrece en Internet unha visita virtual ás súas instalacións

La Voz de Galicia - 21 de decembro de 2004
A Fundación Xosé Soto de Fión abre un sitio web para dar a coñecer o seu centro etnográfico.
A páxina pretende ser un punto de referencia para a cultura tradicional da Ribeira Sacra.
A Fundación Xosé Soto de Fión abriu onte unha páxina de Internet que ten entre as súas finalidades a dar a coñecer o Ecomuseo de Arxeriz, que esta entidade creou en tempos recentes no municipio do Saviñao. Pero o novo sitio web pretende tamén outros obxectivos máis amplos. «Queremos que esta páxina sexa un punto de referencia sobre o patrimonio cultural, etnográfico e histórico da zona», apunta José Antonio Quiroga, secretario da fundación. Os seus contidos son máis extensos que os da maioría das páxinas de Internet dos museos galegos e caracterízase ademais por unha notable complexidade técnica.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario