sábado, 20 de xullo de 2002

San Salvador de Asma e a Torre de Arcos, en perigo

La Voz de Galicia - 20 de xullo del 2002
Santa María de Pesqueiras non é o único exemplo do patrimonio artístico de Chantada que presenta problemas de conservación.
A igrexa de San Salvador de Asma, outra importante mostra do románico na zona, foi tamén obxecto de numerosas reclamacións por parte de asociacións culturais. O artesonado do teito e o retablo principal, considerado como unha das mostras máis importantes do renacemento en Galicia, atópanse moi deteriorados pola acción da auga da choiva que entra na capela cando chove.

Ningún comentario:

Publicar un comentario