domingo, 4 de febreiro de 2007

Volantes e peliqueiros abriron en Fión o ciclo do Entroido Ribeirao

La Voz de Galicia - 04 de febreiro del 2007
Por sexto ano consecutivo, o Domingo Lambedoiro celebrouse no municipio do Saviñao A tradicional celebración é promovida por unha asociación cultural de Chantada.
O tradicional ciclo do Entroido Ribeirao, unha das poucas representacións do antigo entroido rural que quedan na provincia, abriuse onte coa celebración do Domingo Lambedoiro na parroquia de Fión, no Saviñao. Numerosas persoas asistiron durante a tarde ás danzas dos volantes, os coloristas personaxes típicos do festexo. Os de uniforme máis vistoso, tocados cos aparatosos puchos adornados con flores e cintas de papel. Os segundos, facendo soar os cencerros amarrados á cintura. Completaron o cadro os peliqueiros, enmascarados con peles, que se encargaron de animar ao público con petardos, algunha asperxida de fariña e algún que outro correazo.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario