O primeiro a ter en conta
despois de facer un estudio da zona foi establecer o lugar nos que se
realizarían os sondeos polo que se decidiu abrir catro sondeos en diferentes
puntos que permitiron non só a recuperación de restos senón tamén de estruturas
e información importante.
Así pois realizouse un
sondeo a 50 metros ao S. da croa, un segundo na terraza N. e dous na zona da
croa, os resultados de xeito breve foron os seguintes:
- No primeiro situado ao Sur
obtivemos restos cerámicos de época castrexa e aínda que non apareceron restos
de estructuras sí se documenta un nivel de
ocupación.
- No sondeo da terraza N. hai
unha importante presencia cerámica e outras
pezas de interés como algún bruñidor, ademáis no
seu extremo E a presencia dun
derrube de material fai presaxiar
a cercanía dalgunha estructura.
- Na croa obtivemos:
* sondeo nº 3, no mesmo borde
sur, tampouco proporcionou estructuras petréas, pero si os restos dunha posible
cabana ou construcción
feita con barro, materia vexetal e cascallo de rocha probablemente
pertenecente á primeira etapa de poboamento que se pode situar no Ferro I ( entorno
ao s. V antes da nosa era), tamén foron abundantes os restos de cerámica.
* Só o sondeo nº4 amosou a
presencia de muros de vivendas con fogares e con
abundante cerámica e outros
achádegos de interese como muíños, algo que sorprendeu debido á escasa potencia
arqueolóxica deste sondeo (40 cm. de media). Quedaron así, parcialmente ao
descuberto, dúas vivendas de planta
rectangular e esquinais
curvos con fogares en ámbolos dous casos.
A pesar de todo, cando
rematou a campaña, as dúbidas sobre a viabilidade do
proxecto de escavación e posta en valor do castro seguían vixentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario