O fiado
e o tecido son actividades tradicionais moi antigas que xa aparecen rexistrados
en textos clásicos como os de Estrabón ou Plinio e que a arqueoloxía corrobora
cos seus achádegos ( fusaiolas, pesas de tear, agullas…).Neste caso o castro de
Arxeriz agasallounos con varias fusaiolas de diferentes tipoloxías como
testemuñas de un dos procesos de elaboración de tecido, en concreto:o fiado.
|
Fusaiolas atopadas no sondeo central da croa. |
Aparecen
de forma frecuente nos xacementos castrexos aínda que tamén se rexistran en
xacementos de outras épocas.
|
Fusaiola decorada atopada no sondeo W. |
Son de
forma circular,de tamaño más ben pequeno e presentan unha perforación central
que servía para colocar o fuso; poden estar feitas de pedra, arxila ou restos de cerámica e este feito vai
marcar a dimensión da perforación para conseguir o peso adecuado (se o peso é
demasiado pequeno colocaríase outra fusaiola no fuso).
|
Fusaiola reutilizada de restos cerámicos |
A súa
función é a de facer de contrapeso
para facilitar a torsión e evitar que escape o fío,servíndolle de tope; para
esto é moi importante o peso da fusaiola xa que éste vai determinar que o fuso
funcione correctamente ou non; se temos un peso maior do axeitado o fío romperá
e pola contra se o peso é menor os fíos non quedarían ben tensados nin torcidos
e de ahí o refrán que di:” O fío racha por floxo e mal fiado e non por fino”.
|
Fusaiola colocada no fuso |
|
Muller fiando |
Ningún comentario:
Publicar un comentario