Panorámica do Castro de
Arxeriz,2016
O Ecomuseo de Arxeriz dá por
finalizados os traballos de consolidación realizados no castro de Arxeriz, e
polo tanto tamén a campaña do ano 2016.
Durante estes catro últimos anos leváronse
a cabo diferentes campañas arqueolóxicas co fin de sacar á luz os vestixios
dunha época e dun modo de vida que quedou soterrado co paso dos séculos.
Nesta campaña,coma nas que se
levaron a cabo nos anos seguintes á primeira, ampliáronse aquelas zonas nas que
quedaran restos parcialmente descubertos en traballos anteriores para conseguir
que toda a estructura quedase á vista e ademáis aportase información para
lograr entender un pouco máis a forma de vida destes castrexos.
Estrutura parcialmente descuberta:2015 Estrutura anterior descuberta totalmente; 2016
Os resultados obtidos este ano
amosaron, en canto a estructuras se refire, non só a presencia de máis
graneiros, algo que caracteriza especialmente ao Castro de Arxeriz facéndoo
único, senón tamén outras estructuras das que aínda non se obtivo unha clara
funcionalidade, así como tamén de espacios abertos e zonas de paso.
Estas estruturas, de formas
cadradas ou rectangulares e con esquinais redondeados, sitúanse non só na croa
do castro senón que tamén se dispoñen de forma aterrazada na ladeira Oeste;
para construir neste lugar, os castrexos tiveron que preparar a zona picando
previamente na rocha natural para conseguir formar esas terrazas.
Detalle de dous
graneiros na ladeira W do castro de Arxeriz.2016
Realizouse tamén unha catas ó
longo da ladeira oeste co obxetivo principal de localizar novas estruturas; os
resultados obtidos nesta nova localización non foron tan produtivas como
outras realizadas anteriormente pero sí aportaron información importante á hora
de interpretar este tipo de asentamento aterrazado.
A
nivel de materiais obtivéronse numerosos fragmentos de cerámica tipo
miñoto, sen decoración, muíños de man, restos de fíbulas e alguna conta de
colar, entre outros.A falta de materiais claramente romanos como a cerámica
sixilata ou tégulas dá lugar a pensar que o castro de Arxeriz non tivo
ocupación romana, o cal non quere decir que non houbera algún contacto con eles.
De feito, unha das hipóteses que os investigadores está a barallar é que o
feito de que os restos materiais,aínda que son abondosos, non sexan tan
abundantes ou definitorios coma noutros asentamentos e a ausencia total de
zonas de queimado, indicadoras de arrasamentos e incendios, parece que indican
un abandono progresivo deste asentamento e non unha fuxida como ocorreu noutros
lugares.
Despois de catro campañas de
escavación e recuperación de restos, a Fundación Xosé Soto de Fión pretende
seguir coa súa labor de recuperación que completará con labores de divulgación,
investigación e publicación durante o resto do
ano realizando conferencias e outra activides relacionadas tanto co
ámbito arqueolóxico como tamén patrimonial. O fin último é o de achegar o patrimonio
á sociedade, sensibilizala e que non sinta como alleo o que é propio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario