A mediados do mes de agosto daba comezo a V campaña de escavación do castro de Arxeriz promovida pola Fundación Xosé Soto de Fión.
Este castro, do que a primeira referencia a atopamos en 1953 na obra “Los castros de la tierra del Saviñao” escrita por Cuevillas e Fraguas, presenta unha serie de características que o fan único ata o de agora.
O que se pretendía este ano era a ampliación do sector 5,
cara o sur deste sector e cara o oeste, co fin de exhumar as dúas estruturas
que na campaña anterior quedaran parcialmente descubertas e, á súa vez, abrir un
novo sector que axudase a definir máis a ocupación na zona da croa.
AMPLIACIÓN DO SECTOR 5 |
En total estamos a falar dunha superficie total aproximada
de 140 m2 e dun tempo de traballo de campo de 6 semanas.
PANORÁMICA AMPLIACIÓN SECTOR 5 |
SECTOR NOVO |
Os resultados obtidos foron moi positivos xa que no sector 5 ademáis de exhumar de forma completa as estruturas parciais, apareceron dúas novas, e no novo sector suman un total de 3.
PANORÁMICA DO SECTOR NOVO GRANEIRO |
A maior parte delas correspóndense con un tipo de estruturas
que non son nada habituais neste tipo de asentamentos, os graneiros,
lugares de almacén con unha disposición moi específica: a colocación no chan de
9 bases de pedra sobre as que hipotéticamente se colocaría un entarimado de
madeira para illar o gran da humidade, á vez que as paredes estarían recubertas
dunha masa arxilosa que axudaba a conservar tamén a temperatura.
En todas as campañas que se realizaron (2013-2017) as
estruturas que foron aparecendo correspóndense coa mesma tipoloxía: forma
rectangular e/ou cadrada de esquinais curvos.
DETALLE PERFIL SECTOR 5 |
Os materiais atopados corréspondense sobretodo con cerámicas
características deste tipo de asentamentos e que a penas presentan decoración;
varias fusaiolas, algunha delas decoradas e outras reaproveitadas; un par de
fíbulas de bronce; muíños de man e varios afiadores entre outras.
FUSAIOLA CON DECORACIÓN CASTRO DE ARXERIZ
Unha vez rematado o proceso de
escavación comezouse outro proceso igualmente importante, a consolidación das
estruturas que permite protexelas do paso do tempo; utilizouse para elo un
morteiro que imita ao existente nos paramentos das construcións orixinais, tanto
en composición como en cor e textura.
VISTA GRANEIRO AMPLIACIÓN SECTOR 5 |
A Fundación, a partir deste ano, tratará
de afondar máis na investigación deste asentamento para poder aclarar o motivo
desta especialización no cereal e para aportar máis datos sobre a cultura
castrexa que permitan avanzar no coñecemento destes asentamentos da Idade do
Ferro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario