mércores, 21 de agosto de 2002

A última viaxe dunha barca de paso

La Voz de Galicia - 21 de agosto del 2002
Barcas do Miño cedeu unha embarcación tradicional ó futuro museo de Arxeriz A peza foi trasladada onte dende Chantada ata o municipio de O Saviñao.

Guillermo Sotelo
A Barcas do Miño, unha asociación chantadina que leva dous anos traballando na recuperación e difusión da cultura fluvial, cedeu onte unha embarcación típica do Miño á Fundación Xosé Soto de Fión, que a trasladou á Arxeriz, no municipio de O Saviñao. Unha vez alí, ésta será restaurada e pasará a formar parte dos fondos do museo que a asociación pretende poñer en marcha nesta localidade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario