O ecomuseo de Arxeriz botará unha tradicional barca de dornas na contorna de Belesar
O ecomuseo de Arxeriz botará hoxe unha barca de
dornas ao río na contorna do pobo de Belesar. Trátase dunha embarcación
fluvial típica do curso do río Miño desde a súa desembocadura ata a
Ribeira Sacra que, segundo os investigadores, ten grandes reminiscencias
coas embarcacións prehistóricas. Este tipo de barcas desapareceu completamente coa construción dos encoros nos anos cincuenta e co decaemento das actividades que se desenvolvían ao redor do río.
Ningún comentario:
Publicar un comentario