La Voz de Galicia - 17 de decembro do 2002
O inventario revela a desaparición dun cadro de Castelao e un floreiro grego do século V antes de Cristo.
Nun curso de mulleres rurais decoráronse pezas de época con purpurina.
A solicitude de devolución de parte do patrimonio depositado en Monforte
polo herdeiro do doutor Juan López Suárez, coñecido por Xan de
Forcados, á casa familiar de Arxeriz (O Saviñao), é o último episodio
dunha historia accidentada e non exenta de zonas escuras. Tras o
falecemento de López Suárez, o seu sobriño, José Rodríguez López,
recibiu o legado histórico-artístico e documental que o médico reunira
os pazos de Arxeriz -antes de converterse en explotación agropecuaria e
industrial- e de Lamaquebrada.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario