O Ecomuseo de Arxeriz, no Saviñao, inaugurará mañá un
novo espazo expositivo, cunha superficie de catrocentos metros cadrados,
que estará dedicado integramente á cultura fluvial na Ribeira Sacra. As
dúas amplas salas coas que se amplía o museo etnográfico da Fundación
Xosé Soto de Fión recollerán elementos relacionados coas barcas
tradicionais, o oficio de barqueiro e a pesca tradicional.
Segundo detalla a fundación responsable do
Ecomuseo de Arxeriz, tamén se poderá visitar a partir dese día un espazo
reservado «á memoria dos trinta lugares mergulladas polas augas dos
encoros dos Peares e Belesar».
Ningún comentario:
Publicar un comentario