La Voz de Galicia - 18 de xaneiro del 2005
O tradicional Entroido Ribeirao comezará coa celebración do domingo
lambedoiro o próximo día 23 na parroquia de Fión, do municipio do
Saviñao. Do mesmo xeito que nos dous últimos anos, a Fundación Xosé Soto
de Fión colabora coa a Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao de
Chantada para organizar o festexo. A partir das cinco da tarde, os
típicos volantes e peliqueiros actuarán no campo da festa da parroquia,
onde tamén se ofrecerán as breves representacións teatrais coñecidas
como oficios e varias actuacións de música tradicional. Os asistentes
ao festexo serán invitados a un aperitivo e terán ocasión de visitar o
Ecomuseo de Arxeriz -nas proximidades do campo da festa-, que
permanecerá aberto toda a tarde. O museo conta cunha sección dedicada ás
tradicións do entroido da ribeira do Miño.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario