La Voz de Galicia - 08 de febreiro do 2004
|
Alberto López |
Centos de persoas asistiron onte en Fión, no municipio do Saviñao, á
primeira das celebracións do entroido ribeirao, un dos festexos de
entroido máis tradicionais do sur lucense. No campo da antiga escola
local danzaron pola tarde as rechamantes volantes, tocados cos
aparatosos puchos ou chapeus adornados con cintas e flores de papel.
Xunto a estas figuras participaron tamén os peliqueiros, con cintos
cargados do cencerros, e os mecos, disfrazados con peles, que, seguindo a
tradición, propinaron trallazos e asperxidas de fariña aos
espectadores.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario