La Voz de Galicia - 21 de decembro de 2004
A Fundación Xosé Soto de Fión abre un sitio web para dar a coñecer o seu centro etnográfico.
A páxina pretende ser un punto de referencia para a cultura tradicional da Ribeira Sacra.
A Fundación Xosé Soto de Fión abriu onte unha páxina de Internet que ten
entre as súas finalidades a dar a coñecer o Ecomuseo de Arxeriz, que
esta entidade creou en tempos recentes no municipio do Saviñao. Pero o
novo sitio web pretende tamén outros obxectivos máis amplos. «Queremos
que esta páxina sexa un punto de referencia sobre o patrimonio cultural,
etnográfico e histórico da zona», apunta José Antonio Quiroga,
secretario da fundación. Os seus contidos son máis extensos que os da
maioría das páxinas de Internet dos museos galegos e caracterízase
ademais por unha notable complexidade técnica.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario