La Voz de Galicia - 27 de maio do 2005
A institución recompila imaxes e testemuños das localidades desaparecidas.
A Fundación Xosé Soto de Fión difunde en Internet materiais gráficos históricos.
O Ecomuseo de Arxeriz, propiedade da Fundación Xosé Soto de Fión, traballa
na recuperación da memoria histórica das localidades da Ribeira Sacra
que desapareceron tras a construción dos encoros dos Peares, en 1955, e
Belesar, en 1963. Unha parte deste labor consiste en recompilar as
imaxes dos pobos e aldeas alagados e, en xeral, todos os testemuños
materiais e orais da historia e o modo tradicional de vida daquelas
poboacións.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario