La Voz de Galicia - 16 de maio del 2000
|
Alberto López |
A idea está incluída no anteproxecto para a recuperación da
propiedade, que custará uns 120 millóns A instalación dun arquivo de
música tradicional galega no pazo da torre de Arcos é unha das achegas
máis interesantes do anteproxecto de rehabilitación deste conxunto
histórico de Chantada, que será presentado a próxima semana a
responsables de Patrimonio en Lugo. A Fundación Xosé Soto de Fión, á que
pertence a propiedade, pretende realizar unha rehabilitación integral
dos edificios que rodean a torre medieval que custaría, segundo un
cálculo estimativo, uns 120 millóns de pesetas.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario