mércores, 30 de abril de 2003

O tesouro de Forcados sae do olvido

La Voz de Galicia - 30 de abril do 2003
A pesar do acordo do Concello de Monforte, a Fundación Xosé Soto está disposta a recorrer aos tribunais para que o legado do filántropo regrese ao Saviñao.

Alberto López
A corporación aprobou onte o inventario do legado do doutor López, que foi entregado en 1980 a Monforte polo empresario José Rodríguez López, sobriño do filántropo do Saviñao, e que agora reclama a Fundación Xosé Soto de Fión para o museo que se abrirá no Pazo de Arxeriz, no Saviñao, estreitamente vinculado á historia desta familia. Co acordo plenario, adoptado por unanimidade, o Concello de Monforte rescata do esquecemento a historia dunha doazón que nunca recibiu o trato merecido.


Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario