Na campaña de escavacións deste verán -do mesmo
xeito que nas dous precedentes- se desenterraron numerosos restos de
cerámica negra de tipo castrexo, así como pequenos muíños de ceral e
outros artefactos de pedra. Tamén se acharon algúns pequenos obxectos de
ferro e bronce que parecen consistir en hebillas e prendedores.
Os arqueólogos traballan actualmente no estudo e a
restauración destas pezas, que se exporán nunha sala específica do
Ecomuseo de Arxeriz xunto coas que foron desenterradas con
anterioridade. Para abrir ao público as estruturas construtivas
recentemente desenterradas só fai falta instalar unhas barreiras
protectoras de corda e letreiros que sinalarán as zonas onde non se pode
pisar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario