La Voz de Galicia - 04 de decembro do 2003
A Torre de Arcos é o único vestixio dunha fortaleza medieval que queda actualmente na comarca de Chantada. Orixinalmente foi a torre da homenaxe da fortaleza dos Fernández de Temes, unha das antigas familias nobiliarias máis destacadas de Galicia. Levantada talvez no século XIII ou no XIV, foi destruída en 1467 polos irmandiños e posteriormente reconstruída. O contiguo pazo do seu a Torre, que pertenceu á mesma familia, foi construído nunha época bastante posterior, entre os séculos XVII e XVIII. Desde finais da pasada década, este conxunto monumental pertence á Fundación Xosé Soto de Fión, tendo sido adquirido anteriormente a título persoal polo presidente desta entidade.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario