luns, 8 de setembro de 2003

Unha lápida sepulcral sueva ou visigoda foi achada hai anos na contorna da mesma igrexa

La Voz de Galicia - 08 de setembro do 2003
Na contorna da igrexa de Licín tiveron lugar anteriormente outros descubrimentos arqueolóxicos. Na casa reitoral do pobo atopouse hai varios anos unha lápida sepulcral decorada cun relevo do tipo coñecido como estola, o que permite datala nos tempos do reino suevo ou ben do reino visigodo. A peza está hoxe gardada no museo do Pazo de Arxeriz, no mesmo municipio do Saviñao, que aínda non foi aberto ao público.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario