Cidadáns Os volantes do Entroido Ribeirao saen mañá en Arxeriz. En Sober preparan os compadres no centro social e en Salcedo organizan catro días de festa co seu Oso
| Alberto López | 
O canaval xa está aquí, porque segundo o calendario
 da versióno tradicional desta festa mañá é Domingo Lambedoiro.  Sábeno 
ben nas parroquias de Chantada e O Saviñao máis próximas ao Miño en 
Chantada e O Saviñao, a zona na que sobrevive o Entroido Ribeirao. Os 
volantes, peliqueiros e demais máscaras típicas deste entroido rural 
sairán mañá de novo e farano como é habitual nos últimos anos en 
Arxeriz, nunha xornada organizada pola fundación Xosé Soto de Fión . O percorrido polo pobo empezará ás cinco da tarde e ao seu termo haberá viño e tapas para todos no campo da festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario