mércores, 29 de xullo de 2015

O CASTRO DE ARXERIZ CONTINÚA REVELANDO OS SEUS SEGREDOS


"No xacemento do Saviñao aparecen máis elementos de interese arqueolóxico"



Dende fai vinte días está a levarse a cabo a terceira campaña de escavacións arqueolóxicas no castro de Arxeriz, no concello do Saviñao, dentro dun proxecto promovido e financiado pola Fundación Xosé Soto de Fión.






Noticia completa en La Voz de Galicia

ACHAN EN ARXERIZ PEZAS DE BRONCE DE ÉPOCA CASTREXA



Empezan a saír á luz restos de cinco casas e de cerámica negra sen decorar.
A terceira campaña de escavacións arqueolóxicas iniciadas hai 20 días no castro de Arxeriz, no Saviñao, sacou á luz numerosas pezas realizadas en bronce.





Noticia completa en El Progreso

domingo, 26 de xullo de 2015

O CASTRO DE ARXERIZ

A croa do castro de Arxeriz érguese a 604m de altitude sobre un espolón de xisto con pequenas intrusións de graníticas; ten unha extensión de 6000m2, 107m de N a S e 70 de E a W, que forman parte da área limitada polos antecastros e foxos. A zona considerada de ocupación castrexa ten, aproximadamente, 4Ha.

Situado a 40º33´39´´latitude norte e 7º40´07´´lonxitude oeste, domina o meandro do río Miño que lle da forma ao Cabo do Mundo e forma parte dun grupo de castros que amparan e controlan o cauce nesta zona: Cabreiros, Mourelos, Nogueira, Arxeriz, Vilar de Ortelle, Amboade, Marce,...


A realidade xeolóxica sobre a que se asenta a croa dálle unha característica singular sobre os castros da zona e propicia uns fortes condicionantes sobre o desenvolvemento do poboado e a posterior conservación dos seus restos. O afloramento de xisto impide o poboamento nalgunha zona e, noutras, obriga a edificar sobre a ladeira propiciando a particularidade urbana que comeza a amosar: o aterrazamento do asentamento. A pendente, por outra banda, xoga como elemento negativo por facilitar a erosión e o arrasamento de estructuras.


O castro vai permanecer abandonado, como outros moitos, durante séculos; coa circunstancia de que a súa disposición litolóxica non propiciou o cultivo, o que o salvou das agresións propias da agricultura. Xa entrado o século XX, non puido librarse do desenrolismo que provocou o arrase da pedra e estructuras que perviviron ao longo do tempo e que, definitivamente, serviron de recheo para a estrada de Fión a Diomondi a mediados do século pasado. A finais de século sufriu a navallada da insensibilidade patrimonial que motivou a desaparición de 40 m de frente no talude N e uns 300 m2, para "librar" unha casa colindante.


Este poboamento recibiu a primeira atención coa visita e presenza de A. Fraguas e F. Cuevillas a finais dos anos 20 do pasado século que, convidados por Juan López Suárez, estiveron pola zona, o que producíu o primeiro estudo sobre os castros do lugar, na súa publicación "Os castros na terra de O Saviñao"; mesmo recolleron algunhas pezas pétreas que se gardaron ata hoxe en Arxeriz.


En 1996 constitúese a Fundación Xosé Soto de Fión que pon en marcha un proxecto cultural, patrimonial e paisaxístico, concretizado no Ecomuseo de Arxeriz. A presenza do castro dentro das instalacións do Ecomuseo provoca que, desde o inicio da andaina museística, se pensase en facer escavacións para así, rescatar unha parte do pasado, consolidalo e poñelo en valor como un elemento fundamental no proxecto de transformar Arxeriz nun referente de sensibilidade, rescate, restauro, potenciación, estudo e divulgación do patrimonio en tódalas súas vertentes: valorizando o pasado, gañando en autoestima e propiciando a utilización destes recursos coma unha fortaleza do territorio.



xoves, 23 de xullo de 2015

DESENTERRAN OS RESTOS DE CINCO EDIFICIOS NO CASTRO DE ARXERIZ


A Fundación Xosé Soto de Fión iniciou o pasado día 7 a terceira campaña de escavacións arqueolóxicas no castro de Arxeriz, no municipio do Saviñao, o único proxecto privado deste tipo que se desenvolve no sur lucense. Nas dúas semanas transcorridas desde entón púidose pór ao descuberto novos restos de construcións e numerosas pezas arqueolóxicas que engrosarán as coleccións do Ecomuseo de Arxeriz, xestionado por esta mesma entidade e situado nas inmediacións do castro.


mércores, 3 de xuño de 2015

A FUNDACIÓN XOSÉ SOTO INICIA A TERCEIRA CAMPAÑA ARQUEOLÓXICA EN ARXERIZ





A idea é ter dentro de tres anos unha ducia de casas castrexas visibles e abrir un centro de interpretación. 

(...)

"Só resta a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para iniciar os labores"

mércores, 8 de abril de 2015

BARCAS, OS CARROS DA RIBEIRA DO MIÑO


Ata primeiros da década de 1960 as barcas eran de vital importancia para os habitantes das aldeas das ribeiras do Miño e do Sil. Servían para cruzar o río onde non había pontes e trasladar persoas e gando, tamén paara ir pescar. O Ecomuseo de Arxeriz, no Saviñao, garda todo ese patrimonio fluvial lucense.

Ver noticia completa en El Progreso