"El Ecomuseo de Arxeriz, gestionado en O Saviñao por la fundación Xosé Soto de Fión, desarrolla un programa de grabaciones de entrevistas a vecinos de la Ribeira Sacra que conocieron de primera mano las condiciones de vida del medio rural en el período anterior a 1960. Las entrevistas se realizan principalmente a personas de más de 80 años de edad. La entidad, según apuntan sus responsables, se ha marcado el objetivo de entrevistar a medio centenar de vecinos de las diferentes áreas de este territorio."
Entrevista completa en
La Voz de Galicia
venres, 14 de setembro de 2018
sábado, 1 de setembro de 2018
A malla tradicional
Antes da malla, a seitura
Cando o cereal está no punto
correcto é o momento de facer a seitura con fouciñas, as presas cortadas vanse
amoreando ata formar un monllo que se ata cunha correa feita da mesma palla;ao rematar a sega dunha leira póñense os mollos nun medeiro deixándoos así
algún tempo para que vaian secando e cóbrense con silvas e herba para que
os paxaros non coman os grans; logo duns días cárganse en carros e lévanse á
eira onde se facían as medas.
En agosto, a malla
Durante o mes de agosto tiña lugar
a malla e consistía en separar a semente da palla co fin de preparar o gran
para almacenalo e usalo máis adiante no tempo.
O que ten eira malla na eira propia
pero o habitual é que se faga na eira comunal, chámase ós veciños, homes,
mulleres e nenos, xa que para todos hai traballo e particípase axudando uns
veciños aos outros constituindo un exemplo de colaboración veciñal.
Chegado o momento de mallar
desatábanse os monllos que formaban a meda e íanse estendendo na eira, en
fiadas paralelas coas espigas colocadas sobre a palla da fiada anterior, de tal
xeito que queden sempre á vista; iso é estrar, e a palla estendida chamábase
eirada ou barda. Todo esto faise cedo para que o sol quente ben a mes antes de
que cheguen os malladores, cara a media mañá.

Rematada a malla vaise collendo a
palla xa sin gran-colmo-sacudíndoa contra as pernas e colocando os mangados
sobre un vincallo de colmo mollado atados polas puntas e retorcidos; cando se
xunta unha certa cantidade de colmo átase co vincallo facendo un colmeiro.
Cando se quitou toda a palla os
homes deixan lugar ás mulleres que entran con vasoiras de xesta para quitar os
lixos que haxa por riba e despois xuntan o gran con angazos;logo de xunto todo
o gran bótase nunha sábana fóra da eira e ésta bárrese ben para colocar a
seguinte airada e, mentras, os rapaces van levando os colmeiros para o palleiro
e os homes toman un anaco de pan con touciño e beben viño ou augardente para
logo botar outra eirada.

Cando remataba a malla faciase unha
comida máis ou menos festiva dependendo da duración do traballo e dos costumes
locais: o cocido, o carneiro guisado…acompañado das broas de pan de millo ou
centeo e as xerras de viño tinto para ao remate xogar algunha partida ás cartas
.
Andando o tempo entran no campo
galego as malladoras e aventadoras,
a comezos do s.XX, sendo manuais as primeiras para pasaren logo a ser de motor;
pouco a pouco a medida que avanza o
século a malladora e aventadora van sustituindo ós mallos, a mediados dos
anos 30 a maioría xa malla con
máquinas a motor de gasolina, ben de seu, ben mercadas entre varios veciños ou por algúns que van polos lugares
ofrecendo a súa maquinaría; manténdose a forma tradicional en zonas illadas
de montaña, nas casas de poucos recursos e nas de escasa producción cerealeira.
Como di Xaquín Lorenzo en “A Terra”:”...certo é que as máquinas alivian ó
traballador do campo mais non hai dúbida de que tamén o desvencellan da terra ó
face-las angueiras máis impersoais.”
EIRA: unha superficie de pedra de
granito, lousas, cemento ou terra que se lastraba con bosta fresca, que ao
secar se poñía dura de xeito que impedía que os grans se entuasen. Para limpar
a eira usábanse as vasoiras de xesta ou codeso, no caso de que fose de terra
bastaba con quitarlle as herbas que podían nacer ao ir do ano. A eira aparecía
limitada por un peitoril duns 20 ou30 cm e unha vez preparada soltábanse os
mollos de dereita a esquerda sempre co cañoto cara a eira, de seguido se van
colocando novas fileiras de mollos a partir da metade dos anteriores e así ata
completara eirada..

![]() |
Medeiro |
Meda |
MEDA:Morea grande de monllos de cereal
colocados ordenadamente ao redor dun pau, que se fai no lugar onde despois se
van mallar, polo xeral na eira. Primeiramente bótase unha manta vella no chan
poñéndose en forma radial varios monllos ca espiga cara o centro provocando
esto que a zona central vaia quedando sempre máis alta que as beiras dándolle
esa forma cónica.Unha vez feita pónselle por riba uns aros feitos con colmo
torcido e amarrados con paus que se espetan nos mollos da cuberta atando tamén
cordas desde o cume caendo ó longo da meda co fin de que o aire non leve a
palla. A algunhas colocábaselle unha cruz de palla ou unha coroa.
Imaxes: wikipedia; "A Terra", Xaquín Lorenzo e "A Cultura do Pan", X.L Ripalda
sábado, 23 de xuño de 2018
HERBAS SANXOANEIRAS
Na festividade de San Xoán, cando ten lugar a celebración do solsticio de verán, son varios os elementos da natureza que posúen un carácter máxico-protector: o lume, a auga, a flora...
Neste artigo imos falar dunha das tradicións que máis se conserva no rural galego, ademais das omnipresentes cacharelas.
A industria farmacéutica válese dos estalotes para realizar medicamentos que receitan para regularizar a actividade cardíaca; ademais, as súas substancias tamén resultan diuréticas.
En uso externo os seus emplastos son cicatrizantes.


Planta da que se extraen diferentes substancias para o tratamento médico veterinario e humano, de alta toxicidade polo que se está a substituír por productos de síntesis.
Con ela elabóranse emplastos para curar feridas de dificil curación e dores reumáticas.



Planta lixeiramente sedante, utilizada para tratar trastornos nerviosos, depresións, insomnio, ansiedade,... ademais de como antiinflamatoria para o tratamento de inflamacións crónicas de estómago, fígado, vesícula e riles.
É un bo remedio utilizada externamente contra as feridas, queimaduras, dores reumáticas...


O romeu é utilizado en numerosos tratamentos contra a reuma, ademais de ser útil para calmar os nervios, baixar a tensión, mellorar as dixestións e como diurético.
Utilízase en perfumería e para locións capilares; o seu aceite úsase para elaborar un alcol co que dar masaxes e é un condimento moi utilizado na gastronomía popular.
En dosis elevadas é tóxico.
Esta planta contén un aceite esencial velenoso (oleum rutae), ademais doutras substancias das que destaca a rutina, xa que é utilizada en farmacoloxía para baixa-la tensión, regular a actividade cardíaca, reducir as dores de cabeza, estimular a dixestión e eliminar parásitos intestinais.
Tamén se utiliza contra as afeccións xinecolóxicas.

A flor desta árbore ou arbusto é moi utilizada na medicina tradicional para os catarros e infeccións das vías respiratorias.
A súa infusión tamén se aconsella para a limpeza dos ollos para combatir a fatiga.
Pola súa banda, os froitos utilízanse para elaborar mermeladas, xaropes e viños. Son lixeiramente laxantes e tamén se utilizan para doenzas de tipo nervoso coma o insomnio, as migrañas, dores de cabeza e inflamacións.
Neste artigo imos falar dunha das tradicións que máis se conserva no rural galego, ademais das omnipresentes cacharelas.
Antes de que abra o día, na mañá do día 23, aínda hai xentes que se afanan en recoller a auga de sete fontes na que poñer a remollo sete herbas diferentes durante a noite de San Xoán para lavar a cara e o corpo ó amencer.
Estas plantas protectoras teñen diferentes características que as facían e fan importantes para as familias labregas e para esta noite tan especial, entre as que destacan as súas propiedades medicinais.
Estas plantas protectoras teñen diferentes características que as facían e fan importantes para as familias labregas e para esta noite tan especial, entre as que destacan as súas propiedades medicinais.
Dependendo dos lugares e tradicións utilízanse un ou outro tipo de plantas, nós agora ímosvos presentar algunhas das máis comúns e o seu uso menciñeiro.
É unha planta da que o seu consumo resulta tan tóxico que non existe a tradición de utilizala como menciñeira, aínda que dela se extraen substancias que se utilizan para os trastornos da actividade cardíaca e circulación sanguínea, ademais de ser altamente diurética.
As súas flores utilízanse para a elaboración dun colorante.
Cytisus scoparius
XESTA
É unha planta da que o seu consumo resulta tan tóxico que non existe a tradición de utilizala como menciñeira, aínda que dela se extraen substancias que se utilizan para os trastornos da actividade cardíaca e circulación sanguínea, ademais de ser altamente diurética.
As súas flores utilízanse para a elaboración dun colorante.
Digitalis purpurea
CROQUE, DEDALEIRA, ESTALOTE, ESTRALOQUE, SANXOÁN
A industria farmacéutica válese dos estalotes para realizar medicamentos que receitan para regularizar a actividade cardíaca; ademais, as súas substancias tamén resultan diuréticas.
En uso externo os seus emplastos son cicatrizantes.
Dryopteris filix-mas
FENTO MACHO


Planta da que se extraen diferentes substancias para o tratamento médico veterinario e humano, de alta toxicidade polo que se está a substituír por productos de síntesis.
Con ela elabóranse emplastos para curar feridas de dificil curación e dores reumáticas.
Foeniculum vulgare
FIOLLO, FIÚNCHO

A infusión desta herba utilízase para tratar diarreas estrinximento, e problemas do aparato dixestivo en xeral. Tamén se elabora un xarope co seu zume que, mesturado con mel, é moi efectivo coa tose.
Lavar os ollos coa súa infusión desconxestiónaos.
A industria utilízaa no campo da cosmética, e debido ó seu arrecendo e sabor, moi similar ó anís, tamén se utiliza na confitería e na elaboración de licores.
Hypericum perforatum
ABELOURA, HERBA DE SAN XOÁN, HIPÉRICO


Planta lixeiramente sedante, utilizada para tratar trastornos nerviosos, depresións, insomnio, ansiedade,... ademais de como antiinflamatoria para o tratamento de inflamacións crónicas de estómago, fígado, vesícula e riles.
É un bo remedio utilizada externamente contra as feridas, queimaduras, dores reumáticas...
"A herba de San Xoán, limpa a cara de grans"
Desta planta aprovéitanse flores e follas para a realización de infusións para curar catarros ou para problemas gastrointestinais tales coma feridas internas, lesións das mucosas e úlceras de estómago.
Se facemos un emplasto poderemos tratar úlceras e feridas tanto cutáneas como bucais.
"Cun horto e un malvar, hai menciñas para un fogar"
Rosmarinus officinalis
ALECRÍN, ROMEU, ROSMANIÑO


O romeu é utilizado en numerosos tratamentos contra a reuma, ademais de ser útil para calmar os nervios, baixar a tensión, mellorar as dixestións e como diurético.
Utilízase en perfumería e para locións capilares; o seu aceite úsase para elaborar un alcol co que dar masaxes e é un condimento moi utilizado na gastronomía popular.
En dosis elevadas é tóxico.
"Non hai sábado sen sol, romeu sen flor, nen María sen amor"
Ruta graveolens
RUDA
Esta planta contén un aceite esencial velenoso (oleum rutae), ademais doutras substancias das que destaca a rutina, xa que é utilizada en farmacoloxía para baixa-la tensión, regular a actividade cardíaca, reducir as dores de cabeza, estimular a dixestión e eliminar parásitos intestinais.
Tamén se utiliza contra as afeccións xinecolóxicas.
Sambucus nigra
BIEITEIRO, SABUGUEIRO

A flor desta árbore ou arbusto é moi utilizada na medicina tradicional para os catarros e infeccións das vías respiratorias.
A súa infusión tamén se aconsella para a limpeza dos ollos para combatir a fatiga.
Pola súa banda, os froitos utilízanse para elaborar mermeladas, xaropes e viños. Son lixeiramente laxantes e tamén se utilizan para doenzas de tipo nervoso coma o insomnio, as migrañas, dores de cabeza e inflamacións.
venres, 1 de xuño de 2018
AVIFAUNA DO ECOMUSEO DE ARXERIZ
A Ribeira Sacra, debido á
súa riqueza paisaxística e ó seu gran valor medioambiental preséntase coma un
lugar ideal para o aniñamento de toda clase de aves, dende as rapaces ata os
pequenos paxaros.
ANDURIÑA
Hirundo rustica
Coñecida en castelán como golondrina, é unha ave que foi moi estudiada e que deu moitas claves para o coñecemento das migracións.
Esta ave chega á península a mediados de marzo para criar e para anunciarnos a chegada da primavera. Ademais, moitos exemplares atravesan a península de camiño ás súas zonas de cría máis ó norte, ou, en outono cara África, onde invernan.
Queremos remarcar que están diminuíndo o número de exemplares, SEO/Birdlife estima un declive do 30% na última década.

PAPORRUBIO
Erithacus rubecula
É un paxaro universalmente coñecido pola súa mancha alaranxada que lle vai da cara ó peito, e que lle da o seu nome.
En castelán é coñecido por petirrojo.
É un habitante permanente dos nosos montes e podémolo ver habitualmente polo chan na busca de insectos.
Son moi territoriais e agresivos, incluso con exemplares da súa mesma especie.
LAVANDEIRA
Motacilla alba
Esta é outra das aves que nos acompaña durante todo o ano, sendo a lavandeira branca a máis común.
Debe o seu nome a que frecuenta as beiras de regatos, charcas e lagoas.
RABIRRUBIO TIZÓN
O rabirrubio ou colirrojo tizón (en castelán) é doado de recoñecer polo seu característico rabo de cor vermella.
Tamén é un dos habituais de Arxeriz durante todo o ano; é un paxaro que habitualmente convive cos humanos, xa sexa na contorna urbana ou rural.
Esta é a primeira carta de presentación das aves que habitan e visitan o Ecomuseo de Arxeriz, aínda nos quedan moitas por identificar e fotografiar!
E como poderán comprobar
durante as súa visita, Arxeriz é un dos lugares preferidos para estes animais,
xa que dentro da finca do ecomuseo atopan acubillo en centos de árbores e
arbustos; alimento nas nosas plantacións de cereais, horta e froiteiras, e auga
nos numerosos manaciais e estanques.
Ésta é unha das mellores épocas para poder velos recollendo materia vexetal para a elaboración dos seus niños, e sobre todo, é a mellor época para escoitar o seu rechouchío.
Hoxe ímosvos presentar algún
dos nosos compañeiros máis habituais:
Hirundo rustica
Coñecida en castelán como golondrina, é unha ave que foi moi estudiada e que deu moitas claves para o coñecemento das migracións.
Esta ave chega á península a mediados de marzo para criar e para anunciarnos a chegada da primavera. Ademais, moitos exemplares atravesan a península de camiño ás súas zonas de cría máis ó norte, ou, en outono cara África, onde invernan.
Queremos remarcar que están diminuíndo o número de exemplares, SEO/Birdlife estima un declive do 30% na última década.
PAPORRUBIO
Erithacus rubecula
É un paxaro universalmente coñecido pola súa mancha alaranxada que lle vai da cara ó peito, e que lle da o seu nome.
En castelán é coñecido por petirrojo.
É un habitante permanente dos nosos montes e podémolo ver habitualmente polo chan na busca de insectos.
Son moi territoriais e agresivos, incluso con exemplares da súa mesma especie.
LAVANDEIRA
Motacilla alba
Esta é outra das aves que nos acompaña durante todo o ano, sendo a lavandeira branca a máis común.
Debe o seu nome a que frecuenta as beiras de regatos, charcas e lagoas.
CORVO
Corvus corax
Ave mitolóxica que se asociou xeralmente ó mal agoiro, mal de ollo e bruxería. Se lle sumamos que se alimenta dos froitos e cereais que producen os humanos, chegamos a entender o porqué da súa mala sona.
Podemos velo ó longo de todo o ano e en calquera tipo de hábitat.
Podemos velo ó longo de todo o ano e en calquera tipo de hábitat.
RABIRRUBIO TIZÓN
Phoenicurus ochrunos
Tamén é un dos habituais de Arxeriz durante todo o ano; é un paxaro que habitualmente convive cos humanos, xa sexa na contorna urbana ou rural.
Esta é a primeira carta de presentación das aves que habitan e visitan o Ecomuseo de Arxeriz, aínda nos quedan moitas por identificar e fotografiar!
luns, 23 de abril de 2018
Os soportes da escritura
Hoxe en día atopamos libros en calquera lugar ao que imos e rara é a casa que non conta cando menos con un par de
exemplares; as temáticas son infinitas, desde libros de aventuras a misterio,
de enciclopedias a grandes clásicos, hai milleiros de libros e de historias. Os
avances tecnolóxicos foron máis alá e os libros electrónicos están xa a orde do
día, podemos levar sen decatarnos centos de libros con nós a calquera lugar, e
escoller aquel que máis se nos antolle mentras agardamos o tren ou estamos de
vacacións. O tanxible deu paso ao intanxible.
Pero todos sabemos que esto non
sempre foi así, dende a aparición da escritura, alá polo ano 3200 a.C ata hoxe,
moitos foron os soportes que se utilizaron para escribir e as temáticas, como
non, tamén moi distintas.
Aínda que non é escritura propiamente
dita, sí que o podemos considerar como un sistema de comunicación, polo que non
podemos deixar de nomear as grandes pedras e o interior das covas como soportes
para gravar os petroglifos ou as pinturas rupestres.
Petroglifo en Anllo,
Sober.Fonte O Colado do Vento
En sentido estricto, a escritura
máis antiga coñecida é a cuneiforme sumeria (aproximadamente no 3200 a.C) que
se conserva en tabliñas de arxila, polo que podemos decir que este é o material sobre o
que se conserva a escritura máis antiga. Son placas moi finas, de forma
cadrada e coas esquinas algo redondeadas; cando aínda estaban húmidas e brandas
incidíanse con unha cuña de metal, marfil ou madeira. A súa forma, xeralmente
lisa pola parte en que se escribía e algo convexa pola cara oposta, facilitaba a
súa almacenaxe en nichos, ocos na parede. A función das tablillas eran,
básicamente rexistros de contabilidade e de actividades burocráticas, administrativas
ou comerciais.
Este era un material pesado, difícil
de transportar e moi fráxil.
Nas tablillas de cera esgrafiábase o texto con facilidade, con un estilo metálico ou outro obxecto
punzante; os estilos tiñan no extremo
oposto á punta, un acabado romo en forma de espátula co que se raspaba a cera,
se aplastaba e alisaba reutilizándose novamente.
A pedra é o material
máis consistente, non precisa preparación e é moi duro e resistente. É o
soporte por excelencia da epigrafía grega e, especialmente, da romana. En pedra
grabábanse as inscripcións triunfais, votivas, sepulcrais, decretos, etc.
Para grabar unha escritura sobre a pedra
realizábanse uhna serie de actividades ben definidas: cortar a pedra, darlle
forma e facer molduras ou decoracións; os encargados destas tarefas eran o lapidarius ou o marmorarius. A continuación, deseñábase o espacio epigráfico que ía ocupar na pedra e debuxábanse as liñas por onde se debían trazar as
letras, así como as formas destas, con xeso, carbón ou materia similar;
despois o lapicida ou sculptor esculpía a pedra. Non obstante, non todas as
pedras necesitan destas fases na súa elaboración. Xeralmente esto dábase en
inscricións monumentais públicas, ou sepulcrais privadas con intención de
perdurabilidade e de exposición pública.
![]() |
Edicto de Bembibre |
Tamén os metais se usaban como soporte para escribir e o bronce é, sen dúbida,
o máis importante; resultaba moi costoso e difícil de grabar, pero era moi
prezado para escribir documentos xurídicos como decretos, leis, diplomas militares,
leis de hospitalidade, etc
Ata aquí falamos dun tipo de soportes que podemos chamar
inscritos, nos que a escritura se fixa por procedementos de incisión ou trazado
coa punta seca e non só podían ser en arxila, pedra, madeira ou bronce senón
que tamén se usaban os ósos, as cortizas das árbores e metais como o ouro.
Outro tipo de soportes son os chamados escritos nos que a
escritura se escribe, debuxa, caligrafía ou imprime; ben con pinceis, plumas,
lápices, rotuladores, etc.
Aquí
atopamos materiais coma o papiro o cal constitúe un dos rasgos característicos
da cultura exipcia; é unha planta palustre da familia das cipéraceas (cyperus
papyrus), que crecía abundantemente gracias ao clima e ao carácter cenagoso das
marxes do río Nilo en Exipto, así como en Siria, Etiopía e Palestina.
Non soamente se usaba para escribir senón tamén como
alimento e como materia prima para elaborar cestas, roupas,vendaxes ou
fármacos.
Para
preparar o papiro para esribir había que cortar a planta e cortar a parte
central do talo en láminas que se colocaban superpostas e entrecruzadas sobre
unha táboa humedecida formando capas que constituían a trama característica do
papiro; golpeábanse para alisar o tecido, prensábanse e logo secábanse ao sol;
as follas resultantes únense con unha pasta feita de auga, fariña e vinagre,
logo facíanse rollos de papiro con unhas vinte follas (tomus)
Outro
dos soportes ben coñecidos foi o pergameo, máis consistente e abundante que o
papiro aínda que de factura moi laboriosa tamén; a pel dun animal, normalmente becerro, cabra,
ovella ou carneiro, deixábase a remollo en auga durante un prolongado período
de tempo, logo dábaselle cal para eliminar a epidermis, evitar que pudrira e eliminar
o pelo; seguidamente raspábase,
estirábase e tensábase sobre un bastidor donde se continuaba raspando e se lle
daba un tratamento de auga e pó calizo varias veces. Unha vez seco e quitado do
bastidor apóiase nun cabalete e vólvese rascar e pulir con pedra pómez, agora
en seco, para facela máis fina e flexible
A tradición atribúe o descubrimento do papel a Tsi Lun, un
oficial do emperador chino da dinastía Han polo ano 105 d.C aínda que tardou
bastante tempo en difundirse por Occidente, non é ata os séculos X e XI cando
se empeza realmente a usar en Europa tardando en desprazar ao pergameo.
Segundo Lucien Febvre e Henri-Jean Martin, as análises
microscópicas amosan que para confeccionar o papel se tecían fibras de cáñamo
que ás veces se mesturaban con liño; desfacíanse nunhas pilas e deixábanse macerar e fermentar en agua, para
conseguir una pasta moi fina, a base de golpeala. Formábase un produto de
fibriñas de celulosa que se depositaba nunha cubeta metálica a temperatura
constante, na que se introducía un tamiz rectangular constituido por filamentos
entrecruzados que compoñían unha trama. Segundo a disposición destes filamentos,
así eran as formas e así daban lugar a distintos tipos de follas, xa que con
este utensilio recollíanse as materias en suspensión que tiña a pasta de papel
e con elas se formaba unha fina película que se extendía sobre un fieltro para
secar. As follas resultantes prensábanse para alisalas e despois colábanse de
unha en unha.
A aparición do papel supuxo un feito de gran relevancia xa
que entre outras cousas era máis maleable, máis duradeiro e tamén máis barato; e
aínda que o formato de follas unidas xa existía cos pergameos (os codex) vai ser coa aparición do papel
cando ésta se extenda.
A reproducción dos
codex (cadernos plegados, cosidos e encadernados, coñecidos desde o s I, pero que non se difundiron ata o
s. IV) ou de calquer outro documento facíase a man e qué mellor xeito de
imaxinalo que a través do libro “El
nombre de la Rosa” onde podemos encadrar a figura dos monxes copiando
grandes libros.
Neste senso, outro dos inventos de especial relevancia foi no
s.XV a imprenta da man de Guttenberg e aínda que desde os s. VII - VIII os
chineses, coreanos e xaponeses xa imprimían textos a través do uso de bloques de
madeira será a imprenta de Guttenberg a que introduza a impresión tipográfica
alfabética en Europa.
xoves, 19 de abril de 2018
ARXERIZ E TOR NA MUSEUM WEEK
O Ecomuseo de Arxeriz e a Rede Museística Provincial participan, unha vez máis na MueumWeek, unha iniciativa que se desenvolverá entre o 23 e 29 de abril e que ten como finalidade a difusión, nas redes sociais, do contidos dos centros museísticos de todo o mundo.
Máis información en La Voz de Galicia. Edición Lemos
Máis información en La Voz de Galicia. Edición Lemos
domingo, 25 de marzo de 2018
DOMINGO DE RAMOS
![]() |
Entrada de Jesús en Jerusalén de Pedro de Orrente (1620) |
![]() |
Olea europaea |
Estes ramos adoitaban ser de loureiro Laurus nobilis ou de oliveira Olea europaea, aínda que tamén había ramos "con ruda, loureiro, mirto, oliveira e outras plantas" (Mariño Ferro, X.R.; González Reboredo, X.M.; Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galicia, 2010, pp.394).
Antonio Fraguas e Fraguas en "La Galicia insólita. Tradiciones gallegas" apunta que os homes levaban un ramo de oliveira e "Las mujeres preparaban un ramo grande, algunas exageradamente grandes, casi como un haz, en el que se juntaba ruda, oliva, acevo, pau de San Gregorio, laurel, laurel real, mirto, y otras plantas." (Fraguas y Fraguas, A.; 2001, pp.104).
![]() |
Laurus nobilis |
Esta celebración moito cambiou, "Perdeuse a competitividade entre os mozos, que se presentaban na igrexa ás veces con árbores. Pola contra, as mozas non os levaban tan altos, pero soíanos adornar con fitas, papeliños de cores, flores, laranxas,... Había bisbarras que ademais portaban pólas de romeu, ruda, buxo, acevo,..." (González Pérez, C.; 1992, pp.68).
Este ramos gardábase nas casas durante todo o ano e era utilizado, por exemplo, cando había unha treboada, para botar no lume e escorrentalo fume. Tiña a función de protexer leiras, casas, cortes, hórreos, de espantar o mal fario, a mala sorte e tódolos perigos e males.
"Nalgunhas parroquias os nenos levan a bendicir unha rama de acevo, que logo usan para afalar o gando" (Mariño Ferro, X.R.; González Reboredo, X.M.; 2010, pp. 394); por iso tiña que ser ben grande e dereitiño coma unha vela.
Así recolle estes usos Antonio Fraguas:
"El "Ramo" se guardaba en casa para bendecir los campos y para quemar unas cuantas ramitas cuando truena. En Oirós (Villa de Cruces), las hierbas del ramo se echan en las fincas para que produzcan más y otras se ponen en las cuadras para guardar los animales. En las cuadras después de bendecirlas, se colocaba detrás de la puerta un ramo de olivo. En Padrón se bendicen las tierras con el agua bendita de Pascua con las siguientes palabras:
Dios te bendiga, fruto,
toupas e ratos salten de ti,
que a auga da Pascua
pasou por aquí.
El "Ramo" podía ser empleado también para bendecir ciertas enfermedades del ganado (...)"
![]() |
OLLAR GALICIA. FOTOGRAFÍA ANTIGA. Domingo de Ramos, Pontevedra, 1960. |
Os ramos fóronse substituíndo paseniñamente polas palmas, a maioría delas procedentes do Levante ou das Illas Canarias, que se chegaron a converter nun símbolo de estatus, xa que eran as familias pudentes as que podían permitirse agasallar ós pequenos da familia cunha palma para que levasen á misa o día no que toda a veciñanza acudía coas súas mellores galas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)