sábado, 22 de xaneiro de 2005

A Fundación Xosé Soto estuda recorrer o fallo sobre o legado de Xan de Forcados

La Voz de Galicia - 22 de xaneiro del 2005
O patronanto da Fundación Xosé Soto de Fión anunciou onte que se reunirá proximamente para analizar a sentenza que ratifica a titularidade do legado de Xan de Forcados ao Concello de Monforte. Segundo a fundación do Saviñao, no encontro valorarase a posibilidade de presentar un recurso.

Os promotores do museo de Arxeriz aseguran que a sentenza non lles colle por sorpresa, desde o momento en que se aten exclusivamente á doutrina xurídica no relativo a bens mobles. Lamentan, no entanto, que non se tivesen en conta outros criterios, de carácter histórico, cultural e patrimonial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario