sábado, 22 de novembro de 2014

O Paleolítico do Saviñao disponse a abrirse ao público

La Voz de Galicia - 22 de outubro de 2014
O museo de Arxeriz negocia coa USC para exhibir pezas achadas na zona.
O Ecomuseo de Arxeriz e os responsables do proxecto arqueolóxico «Ocupacións humanas durante o Pleistoceno da conca media do Miño», coordinado pola Universidade de Santiago, iniciarán en breve unha negociación co fin de musealizar os artefactos paleolíticos descubertos no Saviñao hai cinco anos. Os investigadores terminaron o estudo técnico destas pezas, polo que xa sería posible cedelas para ser exhibidas no museo, algo que foi solicitado hai tempo pola Fundación Xosé Soto de Fión, responsable deste centro.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es 

2 comentarios:

  1. Parabéns a todas as persoas que fixeron e fan posible esta maravilla.
    Soamente o coñezo por este medio e similares, pero nestes días penso visitalo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias! Agardamos a súa visita e esperamos que lle guste.

    ResponderEliminar