mércores, 5 de novembro de 2014

Así sería o museo do Paleolítico de Monforte

La Voz de Galicia -  05 de novembro de 2014
Os achados realizados na zona desde o 2006 servirían para crear unha instalación museográfica única en Galicia.
O Ecomuseo de Arxeriz -no Saviñao- e o museo xeolóxico de Quiroga xa iniciaron negociacións coa Universidade de Santiago co fin de exhibir as industrias paleolíticas achadas nestes dous municipios dentro do proxecto «Ocupacións humanas durante o Pleistoceno da conca media do Miño». En Monforte aínda non se emprendeu unha iniciativa deste tipo a pesar de que os achados realizados nesta zona desde o 2006 son moito máis numerosos e importantes que os dos dous referidos municipios. Se no Saviñao e Quiroga só se recuperaron unhas decenas de pezas arqueolóxicas, en Monforte cóntanse por milleiros. Os estudos realizados nos últimos anos, doutra banda, proporcionaron unha gran cantidade de datos sobre o modo de vida das poboacións da prehistoria remota na depresión monfortina.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario