mércores, 1 de outubro de 2014

Pezas de pedra, cerámica e metal para o museo

La Voz de Galicia - 01 de outubro de 2014
Na campaña de escavacións deste verán -do mesmo xeito que nas dous precedentes- se desenterraron numerosos restos de cerámica negra de tipo castrexo, así como pequenos muíños de ceral e outros artefactos de pedra. Tamén se acharon algúns pequenos obxectos de ferro e bronce que parecen consistir en hebillas e prendedores.
Os arqueólogos traballan actualmente no estudo e a restauración destas pezas, que se exporán nunha sala específica do Ecomuseo de Arxeriz xunto coas que foron desenterradas con anterioridade. Para abrir ao público as estruturas construtivas recentemente desenterradas só fai falta instalar unhas barreiras protectoras de corda e letreiros que sinalarán as zonas onde non se pode pisar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario