Inicio da escavación na terraza W. |
Na
campaña participan un total de 8 peóns-auxiliares de escavación que son da
bisbarra da Ribeira Sacra e 3 arqueólogos da empresa. Este ano espérase chegar
aos 300 m2 de zona escavada que se sumarán aos 200 m2 existentes, para acabar
xerando unha considerable zona rescatada, consolidada e posta en valor.
Terra W. |
O ouxetivo é mellorar o coñecemento sobre os xacementos da
idade do ferro en xeral e, en particular, do de Arxeriz coa intención de
divulgar as características, datos e coñecementos adquiridos na experiencia;
consolidar as estructuras que permitan unha “musealización de sitio” e poñer en
valor os achádegos que se vaian atopando coa finalidade de ter unha área
temática para que o visitante poida apreciar as peculiaridades do poboamento
castrexo.
Sondeo terraza w. |
A
intención da Fundación a través do Ecomuseo de Arxeriz é de dispor dunha sala
explicativa sobre os distintos aspectos da cultura castrexa no interior do
noroeste peninsular, complementada cunha “sala” ao ar libre que será o propio
castro adaptado para as visitas, explicacións e o disfrute da paisaxe.
Desde
o inicio estase actuando fundamentalmente na terraza W. e na ladeira da croa da
mesma orientación , onde ao final da campaña contamos que van quedar ao descuberto suficientes
estructuras para empezar a aclarar o entramado urbano do poboamento.
Zona de ampliación do sondeo leste da croa |
Así o
sondeo da terraza W. supón unha ampliación do feito na campaña de 2014 , tanto
polo N., como polo S. e E. ; este sondeo supón unha ampliación de 220 m2 sobre
o efectuado o ano pasado co ánimo de liberar os muros de estructuras que
quedaron parcialmente ao descuberto e descubrir outras novas. No lado leste da
croa o sondeo supón incrementar en 80 m2 aprox. o realizado na campaña anterior
e liberar a estructura do probable graneiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario