La Voz de Galicia - 14 de novembro de 2014
O asentamento está aberto aos visitantes, que poden apreciar o resultado de dúas campañas arqueolóxicas.
Na Ribeira Sacra non faltan castros, pero ata agora ningún deles fora
obxecto dunha escavación arqueolóxica continuada e á vez acondicionado
para recibir visitas turísticas. O
Ecomuseo de Arxeriz,
no Saviñao, leva dous anos escavando o castro que se atopa nos terreos
da súa propiedade e permite visitar as antigas estruturas construtivas
que van saíndo progresivamente á luz. Así se ofrece a posibilidade de
coñecer de cerca unha parte moi importante do patrimonio histórico e
arqueolóxico dun territorio que conta con monumentos de épocas moi
diversas, que van desde petróglifos e mámoas a templos renacentistas e
barrocos, pasando por un gran número de igrexas románicas.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario