La Voz de Galicia - 05 de novembro de 2014
Os achados realizados na zona desde o 2006 servirían para crear unha instalación museográfica única en Galicia.
O
Ecomuseo de Arxeriz -no Saviñao- e o
museo xeolóxico de Quiroga
xa iniciaron negociacións coa Universidade de Santiago co fin de
exhibir as industrias paleolíticas achadas nestes dous municipios dentro
do proxecto «Ocupacións humanas durante o
Pleistoceno
da conca media do Miño». En Monforte aínda non se emprendeu unha
iniciativa deste tipo a pesar de que os achados realizados nesta zona
desde o 2006 son moito máis numerosos e importantes que os dos dous
referidos municipios. Se no Saviñao e Quiroga só se recuperaron unhas
decenas de pezas arqueolóxicas, en Monforte cóntanse por milleiros. Os
estudos realizados nos últimos anos, doutra banda, proporcionaron unha
gran cantidade de datos sobre o modo de vida das poboacións da
prehistoria remota na depresión monfortina.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario