La Voz de Galicia - 30 de xullo do 2004
O ecomuseo de Arxeriz, xa está aberto ao público desde onte. As festas
patronais de Monforte este ano presentarán algúns cambios en horarios e
actuacións.
|
Alberto López |
O museo de Arxeriz inaugurado onte, ten a intención de recuperar todo o
entramado histórico do mundo rural. Ao acto acudiu moita xente, entre a
que desatacó o xerente da fundación Xosé Soto,
José Antonio Quiroga , o tenente de alcalde do Saviñao,
Carlos Armesto e o representante da dirección Xeral do Patrimonio,
Francisco Miguel Castro
. A xente que asistiu á celebración puido visitar o interior e o
exterior do museo. Despois, os asistentes puideron gozar duns
aperitivos. Festas de Monforte O cartel e o programa das festas
patronais de Monforte foron presentados onte no concello polo alcalde,
Severino Rodríguez e a concelleira de cultura
Alicia Cadarso.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario