La Voz de Galicia - 29 de xullo do 2004
 |
Alberto López |
Hoxe ás sete e media da tarde terá lugar a apertura da primeira fase do
Museo do Pazo de Arxeriz dedicado ao coñecemento e conservación da nosa
Ribeira. O responsable de pór en marcha este proxecto é a fundación
Xosé Soto de Fión
. Nun total de 220 metros cadrados vaise expor unha visión xeral do val
do río Miño no seu curso medio, entre Os Peares e Portomarín. Na
primeira das salas, chamada A Ribeira Sacra, pódense atopar os
elementos máis característicos desde o punto de vista xeográfico e
histórico, facendo de introdución para situar ao visitante no contexto
da zona.
Ver noticia Completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario