La Voz de Galicia - 26 de xuño do 2002
Alberto López |
La Torre de Arcos, histórico monumento de Chantada, necesita algo máis que unha pequena man de pintura. A Fundación Xosé Soto de Fión presentou un escrito ao concello no que solicita as axudas prometidas para rehabilitar a fortaleza. Segundo o portavoz da asociación, José Antonio Quiroga, en conversacións anteriores os representantes municipais sempre mostraran boa disposición cara a este proxecto. «Pero agora hai que pasar das palabras aos feitos», sinala.
Ver noticia Completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario