Santa María de Pesqueiras non é o único exemplo do patrimonio artístico de Chantada que presenta problemas de conservación.
A igrexa de San Salvador de Asma, outra importante
mostra do románico na zona, foi tamén obxecto de numerosas reclamacións
por parte de asociacións culturais. O artesonado do teito e o retablo
principal, considerado como unha das mostras máis importantes do
renacemento en Galicia, atópanse moi deteriorados pola acción da auga
da choiva que entra na capela cando chove.
Ningún comentario:
Publicar un comentario