La Voz de Galicia - 19 de abril do 2004
A cerimonia relixiosa tivo lugar na tarde de onte na igrexa lucense de San Pedro.
No acto non houbo representación
do Concello de Outeiro
de Rei.
|
PRADERO/PEITEOU |
Arredor de trescentas persoas asistiron na tarde de onte na igrexa de
San Pedro, en Lugo, ao funeral por José Rodríguez López, o fundador das
empresas Arjeriz e Tablicia. Entre as personalidades que se deron cita
no oficio relixioso estaban o deputado do PP e ex alcalde de Lugo,
Joaquín García Díez; o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela; o
concelleiro do Concello de Lugo, Francisco Fernández Liñares e o
delegado de Sanidade, Dámaso López Rodríguez. Non houbo representacións,
nin da Deputación Provincial nin tampouco do Concello de Outeiro de
Rei. Neste último o falecido, ademais de abrir a primeira gran empresa
do municipio e dar traballo a máis dun centenar de persoas, desenvolveu
outras accións de tipo social, consistentes na doazón de terreos para a
construción da escola de Robra.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario