La Voz de Galicia - 18 de maio del 2004
O proxecto máis avanzado de construción dun novo museo na comarca de
Lemos é o que promove a Fundación Xosé Soto de Fión no municipio do
Saviñao. O museo de Arxeriz xa ten terminada unha grande parte das súas
instalacións, nas que están instaladas a maioría das pezas que se
mostrarán ao público. O responsable do proxecto, José Antonio Quiroga,
considera que o espazo abrirá as súas portas aos visitantes nun prazo
máis ou menos breve, aínda que prefire non dar de momento ningunha data
concreta.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario