La Voz de Galicia - 11 de outubro del 2001
|
Óscar Cela |
A forteleza está situada nas inmediacións do parque dos Ancares e
formará parte do proxecto do pazo de Arxeriz A Fundación Xosé Soto de
Fión incrementou o seu patrimonio coa compra do castelo de Doiras.
Situado dentro do municipio de Cervantes, na antesala do parque natural
dos Ancares, a fortaleza será incluída no proxecto do museo etnográfico e
arqueolóxico que terá como referencia o Pazo de Arxeriz, no Saviñao,
onde estará a sede da fundación. Entre os seus bens figuran ademais a
Torre de Arcos e a casa solariega lindeira -un dos conxuntos
arquitectónicos máis interesantes de Chantada-, que tamén se integrarán
neste proxecto para a conservación do patrimonio e a cultura popular.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario