La Voz de Galicia - 18 de outubro do 2001
A Fundación Xosé Soto reclamará a tutela do patrimonio que lle foi doado pola familia do filántropo do Saviñao
Unha
parte do legado de Xan de Forcados que se conserva desde hai dúas
décadas en monumentos destacados de Monforte deberá ser restituído ao
Saviñao. A Fundación Xosé Soto de Fión decidiu reclamar o patrimonio
depositado na cidade, que lle pertence legalmente desde xuño de 1999,
para ampliar os fondos do futuro museo de Arxeriz. Os avatares na
conservación dos bens do filántropo do Saviñao animaron ao seu herdeiro a
formalizar a escritura de cesión. Desde a chegada do legado a Monforte,
descoñécese o paradoiro dun cadro dedicado de Castelao e dunha vasija
do século IV antes de Cristo.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario