mércores, 10 de outubro de 2001

O Pazo de Arxeriz albergará o museo etnográfico máis importante de Galicia

La Voz de Galicia - 10 de outubro do 2001

 

A Fundación Xosé Soto de Fión exporá ademais achados arqueolóxicos do castro que pertence á casa solariega
O restaurado Pazo de Arxeriz, berce do filántropo Xan de Forcados e da primeira industria láctea galega, está listo para ser transformado no museo etnográfico máis importante de Galicia. A Fundación Xosé Soto de Fión -dona da casa solariega- recompila fondos para un ambicioso proxecto que pretende crear un referente «vivo» do mundo rural, e que inclúe a conservación de razas autóctonas de gando na leira de 22 hectáreas de terreo que forma parte da propiedade. O museo tamén exporá achados das escavacións arqueolóxicas que se realizaron en 1920 no castro de Fión, que forma parte do pazo.

Ver notivia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario