La Voz de Galicia - 11 de outubro del 2001
O doutor Juan López Suárez puxo o seu diñeiro e a súa experiencia ao
servizo da recuperación da agricultura e o patrimonio de Galicia Estivo
bolseiro en Estrasbrugo e no Instituto Rockefeller de Nova York. Viaxou
por toda Europa e a Unesco invitouno a ler un relatorio sobre educación
nun congreso internacional. Pero preferiu pasar unha parte importante
da súa vida no Saviñao, loitando contra o atraso endémico do campo. Juan
López Súarez foi máis que un médico eminente ao que se lle dedica unha
rúa en Monforte. Tío avó de José Rodríguez López dono de Larsa e
impulsor da Fundación Xosé Soto de Fión- Xan de Forcados compaxinou a
súa austeridade persoal cun mecenado sen fronteiras. Nin sequera a da
Galicia que tanto amou.
Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario